Cambios de última hora no borrador do RD de concurso de traslados

Despois da reunión da Mesa Sectorial estatal do pasado xoves, 9 de maio, o Ministerio remítenos o borrador final. Aceptan a proposta en relación cos criterios de desprazamento e inclúen algúns cambios máis.

A modificación normativa do RD de concurso de traslados seguirá agora a súa tramitación, co trámite de audiencia e información pública e no Consello Escolar do Estado, onde CCOO seguirá tentando mellorar o documento.

Este último borrador, o cuarto, ten como novidade moi relevante que finalmente deciden aceptar a proposta de que o primeiro criterio de desprazamento sexa en todos os corpos coma no corpo de mestras e mestres: menor antigüidade con destino definitivo no centro. Para CCOO, unha das carencias fundamentais do documento segue sendo que se asegure que se convocan todas as vacantes, garantindo que estean todas as prazas das ofertas de emprego público e as das asignacións de efectivos de inicio de curso, como medida máis eficaz para que todo o mundo obteña sen problemas destino definitivo desde o principio.

Cuarto borrador do RD de concurso de traslados

Situación actual dos apartados modificados do RD de concurso de traslados (11/05/2024)