Revista TE de permisos, excedencias e vacacións
Consulta a nova revista TE de permisos, excedencias e vacacións do ensino concertado e, tamén, a nova infografía de xornada de traballo e vacacións.
Consulta a nova revista TE de permisos, excedencias e vacacións do ensino concertado e, tamén, a nova infografía de xornada de traballo e vacacións.
Publicado hoxe no DOG o Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2023 relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
O pasado 26 de abril, desde CCOO Ensino demandamos unha reunión urxente coa Directora Xeral de Formación Profesional. Finalmente, esa petición foi atendida o mércores 15 de maio, e puidemos trasladar moitas das inquedanzas que nos fai chegar o profesorado de Formación Profesional sobre a planificación do curso que vén derivada da implantación da nova Lei de FP. En primeiro … Ler máis
O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes enviou ás organizacións sindicais o borrador do proxecto de Real Decreto de Inspección Educativa, que ten por obxecto regular os aspectos xerais relativos á inspección educativa e o acceso ao Corpo de Inspectores de Educación.
A Área Pública de CCOO, como primeiro sindicato das Administracións públicas, presenta un documento clave para a protección e prevención da discriminación e o acoso ás persoas LGTBI+ e á diversidade familiar. Un protocolo con base nos valores sindicais de solidariedade, xustiza social, igualdade, saúde e seguridade no traballo, e no compromiso firme de CCOO polo avance e desenvolvemento dos dereitos das persoas LGTBI+ e da diversidade familiar.
Este ano, o Día das Letras Galegas rende homenaxe a Luísa Villalta, poeta e ensaísta coruñesa que deixou unha fonda pegada na literatura galega.
CCOO considera esgotadas xa todas as marxes de paciencia e toca esixir coa máxima firmeza que o Goberno cumpra xa os compromisos adquiridos. De non ser así, quedará gravemente danada a confianza negocial entre as partes, e o propio ámbito do diálogo social nas administracións públicas, o que obrigaría á organización sindical a contemplar a posta en marcha de medidas en defensa dos dereitos dos máis de tres millóns de persoas empregadas públicas, para facer que o Goberno cumpra os acordos que asina.
17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia.
CCOO aposta por un desenvolvemento regulamentario do artigo 15 da Lei 4/2023, de 28 de febreiro.
O vindeiro mércores, día 15 de maio, comeza o prazo de presentación de solicitudes de non participación no CADP 2024/25.
Convócase unha mesa sectorial extraordinaria o xoves, 16 de maio, para dar trámite de audiencia.