Publicado hoxe no DOG o Fondo de Acción Social (FAS)

Publicado hoxe no DOG o Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2023 relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Persoas que poden solicitalo:

  • Persoal funcionario, incluído o persoal docente
  • Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra unhas condicións
  • Profesorado de relixións

Prazo: do 23 de maio ao 5 de xuño, ambos incluídos

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde Internet. Toda a información na web da Consellería:

http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm