Na reunión de mediación celebrada o 17 de maio na sede do Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), as organizacións patronais presentaron unha proposta que dista moito das pretensións de CCOO para mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras. Os aspectos máis relevantes son:
- Complementos mínimos de compensación para as categorías cuxo salario base é inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI), de entre 15 e 40 euros, non consolidables.
- Transposición da lexislación das novas medidas de conciliación, sen melloras substanciais sobre o texto do Estatuto.
- Complemento de nocturnidade pagable durante o período de vacacións, pero non computable nas IT.
- Subida do quilómetro de 0,19 a 0,26 euros.
Logo de manifestarmos a nosa decepción, os mediadores propuxeron unha nova reunión para o 26 de xuño co ánimo de que as organizacións patronais poidan modificar a súa proposta.