Seguimento de solicitudes de participación no concurso de Atención Preferente 2024
Desde CCOO Ensino ofrecemos a posibilidade de realizar o seguimento das súas solicitudes a aquelas persoas afiliadas que desexen participar no programa PIALE 2024.
Desde CCOO Ensino ofrecemos a posibilidade de realizar o seguimento das súas solicitudes a aquelas persoas afiliadas que desexen participar no programa PIALE 2024.
Hoxe, xoves, 27 de xuño, celebrouse unha reunión da mesa tripartita de ensino concertado. Como xa é habitual, a vontade negociadora da Administración segue a ser inexistente. A mesa redúcese a un mero trámite onde se presentan borradores que en ningún caso van ser obxecto de negociación.
Tras a xuntanza da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora celebrada o venres 21 de xuño, as organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, queremos deixar constancia da valoración que facemos da aplicación do devandito acordo para o curso 2024/25.
Prazo de recurso de reposición: do 27 de xuño ata o 26 de xullo de 2024 (ambos incluídos)
No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria. Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración sobre o calendario escolar 24/25, o concurso de direccións de centros escolares, o Plan de Igualdade da Consellería e outras cuestións.
Tal como adiantaron o pasado venres UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO, o Consello de Ministros aprobou a suba salarial do 2,5 % para os máis de tres millóns de empregados públicos deste país, segundo contempla o acordo asinado por ámbolos sindicatos.
O Sindicato Nacional de CCOO e a Federación do Ensino de CCOO amosan o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de autorizarlle á universidade privada de Abanca a creación dunha facultade de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión da Saúde. Esta decisión corrobora o que o sindicato leva anos denunciando: que a autorización desta institución era un paso para privatizar o ensino universitario galego.
Publicada a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25.
Actualización (21/06/2024): incluído novo punto na orde do día – Axudas para financiar gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado
Envía as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es
Asemblea telemática, por Google Meet
Data e hora: martes, 25 de xuño, ás 18:00
Aforo limitado e prioridade para persoas afiliadas