Paso de 25 a 23 horas lectivas en Infantil e Primaria

Con data do 30 de agosto, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos emitiu a instrución 6/2024 sobre o horario do profesorado de infantil e primaria no curso 24-25, aclarando que as dúas horas de redución ata chegar ás 23 horas lectivas do profesorado na etapa son horas de libre disposición e, polo tanto, non resulta obrigada a presenza no centro.

Melloras salariais do profesorado galego como consecuencia dos acordos asinados por CCOO Ensino

Os acordos asinados por CCOO permitiron, nos últimos anos, que o profesorado galego gañe poder adquisitivo. Cando outros sindicatos que non asinaron ningún acordo vaian polo teu centro, pregúntalles que melloras conseguiron nos últimos sete anos.

Apertura do prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Setembro 2024

O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 ao 30 de setembro, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A). As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da … Ler máis

Aberto o prazo para solicitar habilitacións para docencia no ensino privado – Setembro 2024

‌ https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/ Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 16 de setembro de 2024, ambos incluídos. Este servizo web da Consellería permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional. O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 16 de setembro de … Ler máis

O Acordo de diálogo social mellora a xubilación parcial e a calidade do emprego das persoas remudistas

O acordo formalizado hoxe por CCOO, UGT, CEOE, CEPYME e o Ministerio de Seguridade Social culmina a reforma de pensións iniciada en 2021 cunha lexislación mellorada do modelo de xubilación gradual e flexible, recoñecendo máis dereitos de xubilación parcial, un novo regulamento para a xubilación anticipada por traballos penosos e novos incentivos para a compatibilidade de traballo e pensión. Ademais das relativas a pensións, o acordo incorpora medidas como a recuperación do coeficiente multiplicador do 1,5 para mellorar os períodos de cotización das persoas con contrato fixo-descontinuo, entre outras materias.

A Consellería rectifica e aboará o 2 % de suba na totalidade de conceptos da nómina xa no mes de xullo

Tras a denuncia formulada o mércores 17 de xullo polos sindicatos asinantes do Acordo, a Administración recoñeceu o seu erro, comprometéndose a incorporar a suba do 2 % en todos os conceptos da próxima nómina a percibir, correspondente á mensualidade de xullo.