Día Internacional da Visibilidade Bisexual 2024

A bisexualidade está moi invisibilizada, non só a nivel social, senón tamén en moitos estudos, o que dificulta determinar a súa incidencia na poboación (non se adoitan desagregar as orientacións sexuais nos censos estatísticos ou nas enquisas), ou mesmo para contar os casos de violencia, que moitas veces pasan por homofobia debido á falta de información.

Ademais hai moi pouca cultura sobre a bisexualidade e séguese confundindo cunha fase experimental, poñendo en dúbida as sensacións, sentimentos e orientación das persoas bi, dun modo condescendiente e con certa superioridade, o que pode afectar negativamente ao seu desenvolvemento persoal, emocional e sexual.

Coa visibilidade non só se busca a aceptación, inclusión e tolerancia cara as persoas bi, senón que é un berro á admisión de que en certa medida todas somos diferentes e temos o dereito para vivir en liberdade a nosa orientación sen que sexa posta en dúbida.

Por iso, desde CCOO Ensino esiximos a necesidade de promover unha educación afectivo-sexual nos centros educativos, real e efectiva, que permita erradicar calquera forma de acoso, de negación ou de violencia, ademais dun protocolo contra a LGTBIQ+fobia en todos os centros de traballo para que estes tamén sexan espazos seguros.