Esiximos a rectificación inmediata da orde de confección de nóminas

Desde CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP queremos manifestar a nosa indignación ante a orde de confección de nóminas, que non recolle o incremento salarial do 2% nos complementos retributivos acordados. Ante esta situación, acudiremos á vía xudicial para garantir o cumprimento íntegro do Acordo asinado.

Publicada a orde pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron as Oposicións 2023 de estabilización

Hoxe publícase no DOG a Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro, e outros.

Inadecuada aplicación do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do profesorado galego

Tras a xuntanza da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora celebrada o venres 21 de xuño, as organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, queremos deixar constancia da valoración que facemos da aplicación do devandito acordo para o curso 2024/25.

Toda a información da Mesa Sectorial do 25 de xuño de 2024

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria. Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración sobre o calendario escolar 24/25, o concurso de direccións de centros escolares, o Plan de Igualdade da Consellería e outras cuestións.

O Consello de Ministros aproba a suba salarial do 2,5 % para os empregados públicos comprometida para 2024 con CCOO e UGT

Tal como adiantaron o pasado venres UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO, o Consello de Ministros aprobou a suba salarial do 2,5 % para os máis de tres millóns de empregados públicos deste país, segundo contempla o acordo asinado por ámbolos sindicatos.