🟥 HORARIOS DE ENSINANZAS DE INFANTIL E PRIMARIA
Con data do 30 de agosto, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos emitiu a instrución 6/2024 sobre o horario do profesorado de infantil e primaria no curso 24-25, aclarando que as dúas horas de redución ata chegar ás 23 horas lectivas do profesorado na etapa son horas de libre disposición e, polo tanto, non resulta obrigada a presenza no centro.
🙉 Remata desta maneira a propagación de bulos interesados que tivemos que desmentir reiteradamente nos últimos meses desde as organizacións asinantes do Acordo.
ℹ️ O horario dos docentes de infantil e primaria está regulado na Orde de 23 de xuño de 2011
ℹ️ Actualmente atópase modificada polo “Acordo de medidas de mellora” asinado por CCOO, ANPE e UGT que reduce as horas lectivas de 25 a 23 horas
🧐 De forma que na actualidade o horario sería:
- 🕛 23 horas lectivas con presenza efectiva no centro educativo pola mañá (clases, gardas, gardas de transporte e gardas de recreo)
- 🕛 5 horas complementarias (titorías e atención a familias, reunións de coordinación e de órganos colexiados, gardas de extraescolares, etc.)
- 🕛 9.5 horas de non obrigada permanencia no centro, é dicir, “na casa” (de formación, corrección e preparación)
- Total 37.5 horas
ℹ️ As reducións horarias están recollidas na Orde de desenvolvemento do Regulamento Orgánico de Centro de cada tipo de centro correspondente (consulta a lexislación).