As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2024.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres, 4 de outubro (incluído).