Desestimado o recurso de CONACEE

O Tribunal Supremo desestima o recurso da patronal CONACEE contra a sentenza da Audiencia Nacional en relación co artigo 19 do convenio colectivo.

En 2022, a Audiencia Nacional xa se pronunciara en contra da pretensión de CONACEE de que se declarasen nulas as respostas realizadas pola Comisión Paritaria a dúas consultas relacionadas co artigo 19, nas que se resolvía:

  • Que toda xornada que excede do 90 % se considera tempo completo de traballo e, por tanto, derívase a obriga de aboar a retribución completa (sen redución ningunha), con independencia de que os traballadores poidan ter unha xornada superior ao 90 %, pero inferior ao 100 %.
  • Que a cotización á Seguridade Social das xornadas superiores ao 90 % ha ser polo 100 % da xornada.

Recentemente, o Tribunal Supremo ratificou a sentenza da Audiencia Nacional e, en consecuencia, a interpretación que realiza a Comisión Paritaria acerca do artigo 19 é totalmente correcta, polo que queda desestimada definitivamente a demanda da dita patronal.

CCOO considera positiva a resolución da Sala do Social do Tribunal Supremo que, unha vez máis, dálle a razón ao sindicato nas diferentes cuestións xudicializadas do convenio colectivo.