Apertura do prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Setembro 2024

O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 ao 30 de setembro, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A).

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).