O Ministerio fíxonos chegar o borrador das normas procedimentais para o concurso de traslados estatal deste curso, xa coas modificacións realizadas no Real Decreto.
Borrador da orde de normas procedimentais
Anexo III. Baremo persoal docente
A continuación podes consultar as principais novidades:
- Prazo de presentación probable: entre o 5 e o 26 de novembro, ambos incluídos.
- Prazo de publicación de vacantes
- Vacantes provisionais: antes da adxudicación provisional.
- Vacantes definitivas: antes da adxudicación definitiva.
- Baremo
| 1.1.1. Antigüidade con destino definitivo no centro | Cada apartado terá 2 puntos máis por ano Dous primeiros anos: 4 puntos por ano Terceiro ano: 6 puntos por ano Cuarto e seguintes: 8 puntos por ano |
| 1.1.2. Antigüidade como persoal funcionario provisional | 2 puntos máis por ano 4 puntos por ano |
| 1.1.3. Centros de especial dificultade | 2 puntos máis por ano 4 puntos por ano |
| 3.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios | Poderase alegar máis dun título e non só un como en anteriores baremos |
| 3.1.1. Título de doutoramento | Aumenta 1 punto 6 puntos por cada título |
| 3.2.1 Titulacións de grao | Cando a obtención do título de grao se realice a través doutras titulacións universitarias, das que derive que non se cursaran a totalidade das ensinanzas do título, serán 2,5 puntos en vez de 5, como ata o de agora |
| 4. Cargos directivos e outras funcións | Increméntase o máximo do apartado de 20 a 30 puntos e auméntanse 0,5 puntos por ano en cada subapartado |
| 4.3. Cargos de coordinación docente, función titorial e figuras análogas | O límite máximo aumenta de 5 a 10 puntos |
| 5. Formación e perfeccionamento | O máximo do apartado aumenta de 10 a 15 puntos |
| 5.1. Actividades de formación superadas | O máximo do apartado increméntase de, polo menos, 6 puntos a, polo menos, 9 puntos |
| 5.4. Competencia dixital docente | A1: 0,5 puntos; C2: 3 puntos; incremento de medio punto por nivel |
| 5.5. Acreditación de idiomas | Engádese puntuación polos idiomas acreditados segundo o Marco Común Europeo das Linguas O mesmo idioma só se valorará neste apartado ou no de méritos académicos |
| 6.6. Titoría de persoas funcionarias en prácticas | 0,2 puntos por curso |
