Campaña de vixilancia da saúde 2024/25 (recoñecementos médicos)

  • A campaña comeza mañá, venres, 27 de setembro de 2024.
  • Campaña para o persoal traballador, docente e non docente, que presta servizos en centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  • As solicitudes realízanse no portal de vixilancia da saúde.
  • Tres prazos de inscrición:
    • Persoal nomeado antes da data de inicio da campaña (27/09/2024)
      • Do 27 de setembro ao 16 de outubro de 2024
    • Persoal que toma posesión con data igual ou posterior ao 27/09/2024
      • Do día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión
    • Persoal substituto
      • Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 1 de setembro de 2024, ou dende o día seguinte ao nomeamento, se fose posterior a esa data

Resolución

Instrucións

Preguntas frecuentes

Resumo prazos de inscrición