CCOO Ensino reúnese coa Consellería de Educación para trasladar as nosas propostas de mellora para o sistema educativo galego

Representantes de CCOO Ensino mantiveron hoxe unha reunión co Conselleiro, o Secretario Xeral e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para tratar diversos temas cruciais para o avance do sistema educativo na comunidade e das condicións laborais das súas traballadoras e traballadores. A xuntanza abarcou numerosas temáticas que afectan a múltiples colectivos profesionais e varias etapas educativas.

CCOO esíxelle ao Goberno a suba salarial do 2,5 % para as empregadas e empregados públicos

A área Pública de CCOO esixirá, na reunión que se celebra hoxe con Función Pública, medidas contundentes para realizar a suba salarial do 2,5 %, comprometida no Acordo Marco para unha Administración do século XXI.

Resumo da Mesa Sectorial Docente sobre modificación dos reais decretos de requisitos mínimos de centros e de ordenación da FP

CCOO volveu a esixir unha modificación global do RD 132/2010 de requisitos mínimos dos centros e fixo propostas para a modificación do RD 659/2023 de ordenación de FP co fin de solucionar a situación de preocupación e incerteza que vive a comunidade educativa.