Ensino Público
Instrucións para o curso académico 2024/25 en infantil, primaria, secundaria e bacharelato
Ditanse instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato para o curso 2024/25 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Apertura do prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Xuño 2024
O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 de xuño ata o 1 de xullo, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A). As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección … Ler máis
Publicadas as presidencias e a composicións dos tribunais das oposicións 2024
Resolución (DOG 30 maio 2024). Consulta as listaxes no anexo da resolución.
A xubilación parcial para o persoal funcionario/estatutario, cada vez máis cerca
CCOO e UGT Servizos Públicos valoramos a proposta de Función Pública para poñer en marcha a xubilación parcial para o persoal funcionario/estatutario e, ao tempo, insistimos en que debe ser unha prioridade absoluta para o Goberno facer efectiva en xuño a suba salarial de 2024 do persoal das Administracións públicas e sector público, que estaba prevista para abril ou maio.
Publicados no BOE os novos reais decretos de Formación Profesional
O Boletín Oficial del Estado (BOE) acaba de publicar os novos reais decretos que establecen os títulos de Formación Profesional (FP). Urximos a Consellería a aprobar sen demoras a normativa autonómica.
Seguimento de solicitudes de comisións de servizo para o curso 24/25
CCOO Ensino pon a disposición das súas persoas afiliadas o seguimento das súas solicitudes de comisión de servizos por motivos de saúde e conciliación da vida familiar e laboral para o curso 24/25.
