O Supremo rexeita ampliar os beneficios da integración do PTFP en Secundaria ao persoal interino e en prácticas

Despois do inesperado pau que supón a desestimación do recurso, que ademais nos condena en custas, o sindicato seguirá traballando e estudando todas as vías posibles para conseguir os dereitos que non se están recoñecendo.

CCOO foi o único sindicato que recorreu a normativa por non incluír efectos completos para todos os colectivos, tamén para o persoal interino e en prácticas, e seguirá formulando actuacións para defender que a igual traballo, iguais condicións; e, ademais, que se produza a necesaria mellora das condicións laborais de todo o profesorado.