Resumo da Mesa Sectorial Docente sobre modificación dos reais decretos de requisitos mínimos de centros e de ordenación da FP

O primeiro que CCOO volveu a esixir é unha modificación global do RD 132/2010 de requisitos mínimos dos centros en relación a temas centrais e urxentes, entre outros:

  • Ratio dos grupos asociada á diversidade: que todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou desvantaxe social compute dobre a efectos de ratio
  • Máis apoios ordinarios nos centros
  • Máis apoios específicos nos centros para a atención á diversidade
  • Enfermería escolar en todos os centros
  • Cota a tempo completo específico para a atención á convivencia e ao benestar emocional da comunidade educativa
  • Climatización dos centros educativos

Destacamos que hai moito tempo presentouse no Consello Escolar un borrador de modificación máis global deste decreto de requisitos mínimos dos centros que se retirou e do que non volvemos a saber nada, reivindicamos que se inicie a súa tramitación, empezando pola negociación na Mesa Sectorial.

En relación con estas modificacións puntuais que se expoñen de maneira conxunta con modificacións no RD 659/2023 de ordenación da FP, CCOO fixo principalmente propostas, ademais das melloras técnicas, para asegurar a gratuidade dos cursos, independente de quen os oferte. Xa se conseguiron melloras neste sentido antes do paso do documento polo Consello Escolar do Estado, pero é necesario blindar a gratuidade en todos os casos, ademais de garantir unha oferta pública suficiente.

Desde CCOO volvemos a poñer de manifesto que o profesorado e os centros de FP enfróntanse, ao comezo do curso que vén, a unha situación marcada por moitas preocupacións e inseguridades, e é imprescindible que as administracións colaboren e se coordinen para que se aseguren os recursos, os apoios e unhas garantías que non se están dando.

A situación actual é dun modelo dual non suficientemente negociado e con grandes carencias. É imprescindible coidar e reforzar aos centros e ao profesorado de FP, aumentar os seus recursos e o seu recoñecemento. É necesario asegurar o aumento da oferta pública, o incremento de cadros de persoal e mellorar horarios e condicións laborais.

Unha vez máis agradecemos todas as achegas que nos chegaron. Podedes seguir mandando as que consideredes a ensino@galicia.ccoo.es


Por outra parte, CCOO volveu a esixir comezar xa cun calendario de negociación para un Estatuto Docente que mellore e homologue as condicións laborais do profesorado, comezando con puntos imprescindibles con carácter previo, como son o grupo A1 e a suba de nivel de todos os corpos docentes e a redución do horario lectivo máximo do profesorado de obrigatorio cumprimento para todas as comunidades autónomas.

O Ministerio, aínda que manifestou ter en conta o expresado e querer un próximo curso intenso na mesa de negociación, na práctica non deu respostas concretas a ningunha das propostas específicas nin ás cuestións expostas.


Documentación relacionada:

Borrador do RD que modifica o RD 132/2010 e o RD 659/2023