CCOO Ensino denuncia despedimentos en “Down Vigo”

Nas últimas semanas, as persoas traballadoras de Down Vigo veñen alertando da grave crise de xestión e do progresivo deterioro das condicións laborais que se están a producir na entidade, unha situación que repercute moi negativamente na prestación do servizo ás persoas usuarias. Down Vigo leva xa tempo marcada por unha profunda crise económica que acabou provocando o despedimento de … Ler máis

19 anos agardando un estatuto do persoal docente e/ou investigador universitario

CCOO esiximos ao Ministerio que cumpra a lei e reactive de inmediato a negociación do Estatuto do PDI, paralizada pola falta de vontade política malia os prazos legais establecidos.

Reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado

CCOO Ensino reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado. A Federación de enseñanza de CCOO rexistrou unha petición para que estes avances se estendan a todos os centros sostidos con fondos públicos.

CCOO forza que a LUPA entre no debate constitucional

A universidade pública deféndese actuando CCOO presentou o pasado mes de maio un escrito dirixido ao Defensor do Pobo no que solicita a presentación de recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026, de 6 de marzo, Universitaria para Andalucía (LUPA), publicada no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía. Desde CCOO entendiamos que a LUPA contiña elementos que poderían vulnerar … Ler máis

PUBLICADA NA SEDE ELECTRÓNICA A CONVOCATORIA DE 2026 DA CARREIRA HORIZONTAL 

O taboleiro electrónico da USC vén de publicar o pasado venres 12 a Resolución reitoral pola que se convoca o Proceso de encadramento e acceso aos graos da carreira profesional horizontal do persoal PTXAS, anualidade 2026.  Trátase da 2ª convocatoria do acordo asinado por CC.OO en decembro de 2024 e que veu a significar un avance decisivo na mellora das condicións … Ler máis

Categorías USC

CCOO Ensino consegue incorporar emendas clave á futura Lei de Educación Dixital de Galicia

CCOO Ensino fomos o sindicato que máis emendas presentou ao anteproxecto de Lei de Educación Dixital de Galicia no trámite do Consello Escolar de Galicia. En total, achegamos 78 emendas co obxectivo de mellorar unha norma que terá un impacto directo na organización dos centros, no traballo do profesorado, nos dereitos do alumnado e das familias e no funcionamento ordinario do sistema educativo.

OPE 2026 – PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS (MESA PTXAS DO 10/06/2026)

Na reunión da Mesa de Negociación celebrada onte acadouse un acordo sobre a Oferta Pública de Emprego (OPE) para o exercicio 2026. A continuación, trasladamos as principais cuestións acordadas: Oferta xeral acceso libre: A oferta aprobada inclúe un total de 43 prazas correspondentes a distintos grupos, escalas e categorías de persoal funcionario e laboral. Así mesmo, prevese que no último trimestre do ano se … Ler máis

Categorías USC