Novo escándalo no sistema de protección de menores que evidencia o fracaso do modelo privatizado

Desde CCOO denunciamos unha vez máis o modelo de xestión do sistema de protección de menores, profundamente deteriorado pola privatización, a falta de control por parte das administracións públicas e o abandono sistemático dos dereitos tanto dos menores como das persoas traballadoras.

RAOGAL desaparece: outro paso atrás na atención educativa que Galicia necesita

Desde CCOO Ensino expresamos a nosa preocupación e oposición á decisión da Consellaría de Educación de non dar continuidade ao programa RAOGAL para o curso 2025‑2026. A eliminación deste servizo, anunciada sen previo aviso no medio do verán, deixa sen resposta unha parte significativa das necesidades que presentan moitos centros educativos, especialmente aquelas ligadas ao acompañamento do alumnado en situacións de maior vulnerabilidade.

Novidades na negociación do Plan de Igualdade do persoal docente da Consellería de Educación

Hoxe, 31 de xullo, mantivemos unha nova reunión da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade de persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, na que dende CCOO fixéronse as últimas aportacións ao documento de diagnose, a partir do cal se iniciarán as negociacións das medidas concretas a adoptar.

Curso en liña: «Comezar con bo pé: claves para a xestión eficaz do departamento de orientación»

Dar os primeiros pasos como responsable dun Departamento de Orientación (DO) pode xerar tantas ilusións coma incertezas. Este curso está pensado para acompañarte nese camiño e ofrecerche as ferramentas, coñecementos e recursos necesarios para que poidas asumir a xefatura con confianza, criterio e eficacia.

Apoio á mobilización para reclamar o mantemento dunha unidade de educación infantil no CEIP da Pontenova

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, asinantes do Acordo sobre medidas de mellora no ensino público non universitario, queremos expresar o noso total apoio á mobilización desenvolvida onte en Lugo polas veciñas e veciños da Pontenova diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en defensa do mantemento dos servizos públicos na vila, tanto no eido da sanidade como da educación.

Valoración do Plan para a redución da burocracia nos centros por parte dos sindicatos asinantes do “Acordo sobre medidas de mellora”

Os sindicatos CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP consideramos que o Plan de redución da burocracia nos centros educativos, que vén de presentarse publicamente no día de hoxe, supón un primeiro paso no bo camiño, aínda que reclamamos medidas adicionais para o profesorado. Non obstante, lamentamos o retraso na súa posta en marcha, xa que segundo o punto 7.1 do propio Acordo, este plan debería estar xa operativo durante o curso 2024-2025.

Nova resolución reitoral sobre a Carreira horizontal

Vista a nova resolución reitoral sobre a Carreira horizontal publicada este venres, pode considerarse que a USC rectifica e se dispón a cumprir tanto o propio Acordo de decembro pasado, como os compromisos da xerencia na xuntanza da Comisión de Seguimento do 14 de xullo. Por outra parte, agardamos pechar tamén antes de que acabe o mes de xullo o acordo sobre … Ler máis

Categorías USC