Valoración do Plan para a redución da burocracia nos centros por parte dos sindicatos asinantes do “Acordo sobre medidas de mellora”
Os sindicatos CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP consideramos que o Plan de redución da burocracia nos centros educativos, que vén de presentarse publicamente no día de hoxe, supón un primeiro paso no bo camiño, aínda que reclamamos medidas adicionais para o profesorado. Non obstante, lamentamos o retraso na súa posta en marcha, xa que segundo o punto 7.1 do propio Acordo, este plan debería estar xa operativo durante o curso 2024-2025.
