Recoñecida a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio da USC

A USC recoñece por primeira vez a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio á investigación, un colectivo de arredor de 700 persoas. O acordo, impulsado por CCOO na Mesa Xeral de Negociación, permitirá o acceso a catro graos progresivos segundo antigüidade e méritos, con complementos salariais equivalentes aos da administración autonómica.

As Comunidades Autónomas avanzan no fomento das universidades privadas a expensas da universidade pública

Desde boa parte das CC.AA. poténciase un modelo universitario no que prima, en moitos casos, a universidade como oportunidade de negocio, favorecendo o crecemento incontrolado e inxustificado de universidades privadas. Aposta por un modelo que non só non garante a igualdade efectiva de oportunidades, senón que incrementa as desigualdades sociais.

Información sobre o convenio colectivo do PDIL

Recentemente, publicouse a actualización do II Convenio colectivo de PDIL á LOSU e á normativa en materia de conciliación, igualdade e non discriminación. Tamén, un acordo de xubilación que, actualizado consonte a normativa actual, recupera o artigo 42 do convenio que fora derrogado pola reforma laboral de 2012.

CCOO irrompe con forza na Xunta de Persoal de PTXAS da Universidade de Vigo

Os resultados foron históricos: tras anos sen representación neste órgano, CCOO converteuse na segunda forza máis votada, obtendo 6 delegadas e delegados, sendo ademais o sindicato máis apoiado no Campus de Vigo. Este respaldo supón un importante avance para a nosa organización e, sobre todo, unha gran responsabilidade coa que asumimos este novo ciclo.