Subportada
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Hoxe, como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, co fin de fomentar nos centros educativos valores como a tolerancia, o entendemento e o respecto mutuo entre persoas, sexa cal sexa a súa procedencia e a súa forma de pensar.
Reunións cos distintos grupos parlamentarios
As organizacións sindicais asinantes do “Acordo sobre medidas que melloran o sistema educativo e as condicións laborais” reunímonos cos distintos grupos parlamentarios .
Cadro de asuntos particulares e vacacións 2024
Consulta o cadro resumo de asuntos particulares e vacacións de 2024 para o PSEC
Os acordos asinados por CCOO seguen incrementando as retribucións dos e das docentes
O Acordo trianual asinado por CCOO está a dar os seus froitos. Tras acadar no ano 2022 unha suba do 3,5 %, concluímos o ano 2023 con outro incremento do 3,5 %: un 2,5 % fixo e dúas subas variables dun 0,5 % cada unha, ligadas ao IPC e ao PIB, respectivamente.
CCOO proponlle ao Goberno melloras estruturais no sistema educativo
Para evitar o fracaso e o abandono escolar, así como a alta taxa de repetición de curso.
O Goberno comprométese con CCOO a cumprir integramente o Acordo Marco e a negociar un novo acordo que garanta o poder adquisitivo e as condicións laborais das empregadas e os empregados públicos
A Área Pública de CCOO reúnese coa nova secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli, para retomar de contado o desenvolvemento do Acordo Marco para unha Administración do século XXI e, posteriormente, iniciar unha nova mesa de diálogo social que inclúa, entre outras materias, a negociación dun novo acordo na función pública.
Asinado o VIII convenio colectivo de centros de ensinanza de peiteado e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos
CCOO asinou o convenio o pasado 18 de xaneiro, con importantes melloras para o sector.
CCOO, UGT, USO e SNEP solicitan unha xuntanza coa Consellería de carácter urxente
As catro organizacións sindicais demandan unha reunión coa Consellería, de carácter urxente, para o establecemento de canles de diálogo, debate e negociación das condicións de traballo do sector.
Grupo A1 e suba de nivel para todos os corpos docentes. Recollida de sinaturas
CCOO está esixindo a negociación dunha lei do profesorado, un verdadeiro estatuto docente que mellore e homologue as nosas condicións. Existen moitas cuestións que levamos tempo reivindicando e polas que actuamos e nos mobilizamos.
