O pasado 18 de xaneiro, CCOO asinou, canda o resto de organizacións sindicais con representatividade na mesa negociadora, o VIII Convenio Colectivo.
Considerando que as táboas salariais non se actualizaban desde 2021, a prioridade do sindicato foi centrar os esforzos da negociación no aspecto retributivo. Tras varios meses negociando, acordouse o seguinte:
- Adaptación, en materia de contratación e de permisos, á nova lexislación vixente, froito da última reforma laboral e dos diferentes decretos sobre medidas sociais aprobados polo Goberno.
- Incrementar os salarios un 3,63 % no 2022 para as categorías vinculadas ao salario mínimo interprofesional (SMI).
- Incrementar os salarios en 2023, de xeito que:
- Ningún salario base queda por debaixo do SMI. Así evitamos absorcións e compensacións doutros complementos salariais. Neste sentido, a suba para 15 categorías profesionais será do 8 %.
- Para manter os diferenciais retributivos respecto ao SMI de quen percibe retribucións próximas a este, acórdanse subas de entre o 8,69 % e o 10,86 % para cinco categorías.
- Para as once categorías restantes, os incrementos serán do 4 %.
- Incrementar os salarios un 3,5 % en 2024, agás para as categorías vinculadas ao SMI, que percibirán o aumento acordado entre o Goberno e os sindicatos, é dicir, 1134 euros mensuais, un 5 % máis ca en 2023.
- Incrementar os salarios un 3,5 % en 2025, agás para as categorías vinculadas ao SMI, que percibirán o aumento que no seu día se acorde no marco do diálogo social.
Táboas salariais 2022 – 2025 (confeccionadas para 14 pagas)
Sección A: aplicable a centros de ensinanzas especializadas e regradas de carácter profesional (peiteado e estética)
Sección B: aplicable a centros de ensinanzas regradas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos