Os traballadores e traballadoras en pago delegado do ensino concertado asistimos, unha vez máis, á publicación da Lei de Orzamentos o 29 de decembro de 2023 co veto expreso ao aboamento de calquera tipo de complemento retributivo e da Paga de Antigüidade recollida no convenio colectivo, especificado no artigo 57 da devandita lei. Máis dunha década de bloqueo á posibilidade de melloras salariais que afectarían a máis de 7000 docentes en Galicia.
Consulta todas as nosas demandas no seguinte documento: