Conflito de infantil 0-3: organizacións sindicais e patronais acordan recorrer ao SIMA para mediar
O SIMA é o Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe.
O SIMA é o Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe.
O Goberno aprobou no día de hoxe a suba do 0,5 % para os salarios públicos, con carácter retroactivo a xaneiro de 2023, tal e como se recollía no Acordo marco para unha administración do século XXI asinado por CCOO e UGT.
Con esta medida, faise efectivo o cumprimento por parte do goberno da suba da segunda variable do 0,5 % tras a confirmación de que o PIB do Estado superou o 2,1 % durante o ano 2023.
Consulta a información dos novos cursos en liña organizados pola Federación de Enseñanza de CCOO (homologados polo INTEF e, polo tanto, baremables para educación).
Todos os cursos teñen un desconto para as persoas afiliadas a CCOO Ensino. Se non o estás, podes afiliarte neste momento.
A área Pública de CCOO e UGT Servicios Públicos, asinantes do Acordo Marco para unha Administración do século XXI, instan a José Luis Escrivá, ministro de Función Pública, a retomar de inmediato a axenda en materia de función pública e transformación dixital, temas específicos recollidos no Acordo Marco e no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia comprometido polo Goberno coa Unión Europea.
O 2 de febreiro de 2024 tivo lugar a xuntanza da Comisión de Persoal Ordinaria de Funcionarios Públicos.
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades creou un grupo de traballo presidido polo secretario de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades e con representación de comunidades autónomas, CRUE e organizacións sindicais representativas.
Os problemas da actual convocatoria empuxan a CCOO a esixir a ANECA unha ampliación do prazo previsto. Houbo queixas por problemas coa aplicación web á hora de realizar a solicitude.
UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO reuníronse na mañá de hoxe (01/02/2024) coa Secretaria de Estado de Función Pública para facer efectiva a suba retributiva complementaria do 0,5 % vinculada ao PIB do 2023 e instan ao goberno a articular o mecanismo necesario para levar a cabo o incremento do 2 % pactado para o 2024 sen ter que esperar á lei de PXE 2024.
Curso en liña: A acción educativa de España no exterior
Datas: 2 e 9 de marzo de 2024
Prazo de matrícula: ata completar prazas
Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
A área Pública de CCOO e UGT Servizos Públicos instan ao Goberno á utilización de fórmulas lexislativas para facer efectivas as subas salariais do ano 2024 para as e os Empregados Públicos sen ter que esperar á lei de PXE.