O 2 de febreiro de 2024 tivo lugar a xuntanza da Comisión de Persoal Ordinaria de Funcionarios Públicos na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:
Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Política Social e Xuventude
O sentido do voto de CCOO foi A FAVOR.
Aínda que non nos gusta a amortización de prazas, valoramos positivamente a creación de 17 novas prazas para dar cumprimento ao acordo das condicións de traballo do persoal de Política Social. Prazas necesarias para facer efectivas as carteleiras e ademais poderanse crear novas prazas si fose necesario..
Ademais de apoiar esta RPT para seguir avanzando no cumprimento do Acordo e para facilitar a elaboración e posta en marcha das carteleiras de traballo del derivadas, desde CCOO aproveitamos a ocasión para lembrarlle ao DXFP unha vez máis que dea cumprimento aos compromisos adquiridos durante a negociación do Acordo de condicións de traballo e especialmente no que se refire á revisión de niveis de determinadas escalas no ámbito de menores (psicólogos e traballadores/as sociais), TCAE, coordinación de enfermería e subalternos. Esta revisión é necesaria e urxente sobre todo despois de que se aplicase un importante incremento de niveis para os médicos e os directores de residencias.
Do mesmo xeito, solicitamos unha revisión dos niveis e específicos do persoal administrativo dos centros xa que a carga de traballo e de xestión que soportan incrementouse exponencialmente nos últimos anos e, especialmente, trala sinatura do Acordo de condicións de traballo.
Proposta de resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración xeral da Xunta de Galicia
O sentido do voto de CCOO foi a ABSTENCIÓN.
As bases do concurso son similares aos xa convocados previamente por Función Pública, e aínda que hai algúns puntos que nos preocupan, somos conscientes da necesidade do concurso nun colectivo que leva moitos anos sen posibilidade de mobilidade.
Proposta de resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónomade Galicia, escalasdo Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG)
O sentido do voto de CCOO foi a ABSTENCIÓN, polos mesmo motivos que no punto anterior.
Aspectos como a adxudicación pola Dirección Xeral da Función Pública, de oficio dun posto con carácter definitivo segundo a puntuación obtida e o número de secuencia dos postos ofertados. Ou que non se retire no punto referido ás medidas de conciliación o de que “a persoa participante fose nomeada coidadora” non nos permiten emitir un voto favorable.
Rogos e preguntas
A DXFP informa de que en breve se remitirán ás organizacións sindicais para a súa negociación:
- As bases dos concursos da administración especial. Non hai grandes cambios respecto dos borradores
- As bases do concurso da administración xeral
- Mandarán tamén os buzóns de postos correspondentes a este concursos.
- O concurso de Política Social está pendente da RPT do Consorcio.