28 de abril: Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo (2024)

A crise climática: un importante risco para a seguridade e a saúde no traballo.

A humanidade está a experimentar profundas transformacións que xa ninguén pode negar nesta segunda década do século XXI e que están impactando na nosa forma de vivir, no mundo do traballo e na saúde da clase traballadora.

Desde CCOO facemos un chamamento ás CCAA para o financiamento das universidades públicas españolas

Manifestamos a nosa preocupación ante a falta de compromiso de comunidades como Madrid, Castilla y León, Andalucía e Murcia para financiar adecuadamente o Plan Integra para as universidades públicas. Non descartamos mobilizacións nos territorios que non apoien o financiamento necesario.

Negociación do XVI Convenio de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

As persoas traballadoras dos centros de educación especial, dos centros especiais de emprego e dos centros de atención a persoas con discapacidade que atendemos en centros de día, centros ocupacionais, residencias e centros de atención temperá, entre outros, esiximos condicións dignas que estean á altura da profesionalidade coa que prestamos os nosos servizos.