O 0-3 sae á rúa para esixir condicións dignas, recoñecemento e solucións

CCOO participou na concentración convocada no marco da folga estatal do primeiro ciclo de Educación Infantil para reclamar condicións laborais dignas, recoñecemento profesional e unha aposta real por unha etapa educativa pública, gratuíta e de calidade.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebran o paso pola Mesa Sectorial das novas medidas de mellora do ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.

A mesa negociadora do Convenio de ensino concertado céntrase na clasificación profesional

A mesa negociadora do Convenio de ensino concertado abordou a actualización da clasificación profesional. CCOO defende unha proposta que adapte o convenio á realidade dos centros, recoñeza novas categorías, garanta dereitos e mellore o recoñecemento das funcións e retribucións do sector.

Desde CCOO denunciamos o carácter abusivo e desproporcionado dos servizos mínimos impostos para a xornada do 7 de maio

Unha vez máis, as distintas administracións públicas, independentemente da súa cor política, confunden «servizos esenciais» co mantemento da actividade escolar ordinaria. A imposición de servizos mínimos que alcanzan o 50 % en comunidades como Castilla-La Mancha ou Extremadura, ou dunha educadora por unidade en Murcia e Castilla y León non busca protexer a seguridade dos menores, senón desactivar o impacto da … Ler máis

A cota do convenio especial asinado coa Seguridade Social para recuperar períodos de prácticas é deducible na declaración da renda do ano 2025

A Orde ISM/386/2024, de 29 de abril, posibilitaba o cómputo da cotización por períodos de formación ou realización de prácticas non laborais e académicas que non cotizaran á Seguridade Social por non se esixir no momento en que se desenvolveron, a través da subscrición de convenios especiais entre as persoas interesadas e a propia Seguridade Social. Actualmente, estamos en pleno … Ler máis

O ensino concertado concéntrase na Consellería en prol das súas xustas e lexítimas reivindicacións

O ensino concertado inicia mobilizacións ante a falta de avances na Comisión Tripartita e reclama á Consellería a apertura inmediata de negociacións sobre condicións laborais e melloras salariais para o PAS.