Oferta de cursos en liña 2024 da Federación de Enseñanza de CCOO
Consulta a información dos próximos cursos en liña organizados por la Federación de Enseñanza de CCOO.
Consulta a información dos próximos cursos en liña organizados por la Federación de Enseñanza de CCOO.
Desde CCOO Ensino consideramos que tanto a OPE como a convocatoria de oposicións representan unha ocasión perdida para repor realmente as xubilacións producidas no profesorado galego ao tempo de manter as taxas de interinidade arredor do 5 % do profesorado, obxectivo este que aparece marcado na base primeira do “Acordo de interinos/as”.
Na reunión celebrada onte, 15 de xaneiro, as patronais reafirmaron as súas propostas canto a retribucións e incapacidade temporal (IT). Con respecto a este último punto, é importante recordar que CCOO xa o cualificara como moi negativo anteriormente, argumentando que representa un recorte na única mellora introducida polo convenio colectivo, sen xustificación ningunha.
A investigación pretende facer unha radiografía da realidade que viven a diario nos centros as persoas traballadoras e o estudantado, coa finalidade de expor liñas de acción e propostas máis efectivas. A Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO) e a Federación Estatal de lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuales e máis (FELGTBI+) anuncian a realización dun estudo conxunto para coñecer de … Ler máis
CCOO Ensino manifesta a súa preocupación tras a recente publicación da Lei de orzamentos, que impide calquera posibilidade de homologación salarial para o persoal docente do sector concertado e deixa en suspenso as expectativas de mellora económica deste colectivo profesional.
O 9 de xaneiro de 2024 quedou constituída a comisión de seguimento do acordo. Na primeira reunión tratáronse varios temas cruciais para a xestión e o desenvolvemento dos aspectos contidos no acordo que afectan a centros e a administración educativa.
A Xunta de Galicia confirmou que non se aboará a paga de antigüidade nin os complementos por coordinacións e xefaturas de departamento aos traballadores e traballadoras do ensino concertado en 2024. A pesar das demandas de CCOO para eliminar o artigo 57 da LEI 9/2023 e establecer unha partida orzamentaria para estas pagas, a Xunta mantén a súa postura.
Unha vez rematado un intenso primeiro trimestre, cheo de reunións, negociacións e tamén moitísimas visitas a centros para explicar os acordos alcanzados coa Administración, toca reunirse para organizar o traballo dos próximos meses.
Desde CCOO Ensino ofrecemos a aquelas persoas afiliadas que presentaran alegacións nos apartados de publicacións ou outros méritos artísticos e literarios en no Concurso Xeral de Traslados, Concurso de Orientación e Concurso de Adultos a posibilidade de facerlle o seguimento a ditas alegacións.