Toda a información da primeira reunión da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora

O 9 de xaneiro de 2024 quedou constituída a comisión de seguimento do “Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación”.

A Xunta de Galicia perpetúa o bloqueo do aboamento da paga de antigüidade e complementos

A Xunta de Galicia confirmou que non se aboará a paga de antigüidade nin os complementos por coordinacións e xefaturas de departamento aos traballadores e traballadoras do ensino concertado en 2024. A pesar das demandas de CCOO para eliminar o artigo 57 da LEI 9/2023 e establecer unha partida orzamentaria para estas pagas, a Xunta mantén a súa postura.

CCOO Ensino reclama a necesidade de retomar a vía do diálogo e da negociación no ensino concertado

Solicitamos información sobre a regularización de horas en pago delegado e retomar a negociación en Mesa Tripartita por considerar insuficiente o Acordo de Mantemento de Emprego, sendo moitos máis os reclamos do sector.

O pasado 9 de outubro presentamos no rexistro a petición para ser recibidos pola Dirección xeral de centros e RR. HH. da Consellería para tratar estas cuestións.

‌ Petición presentada no rexistro

CCOO non asinará a proposta de mantemento de emprego presentada pola Consellería

‌ infórmaTE Hoxe, 9 de xuño de 2023, celebrouse a xuntanza extraordinaria da Comisión Tripartita de Ensino Concertado onde se debateu a proposta de mantemento de emprego presentada pola Consellería. No devandito acordo, a única parte beneficiada é a patronal, que consegue un incremento de horas e a aportación de 6000 euros por cada unidade que peche, o que supón o … Ler máis