A Xunta de Galicia perpetúa o bloqueo do aboamento da paga de antigüidade e complementos

A Xunta de Galicia confirmou que non se aboará a paga de antigüidade nin os complementos por coordinacións e xefaturas de departamento aos traballadores e traballadoras do ensino concertado en 2024. A pesar das demandas de CCOO para eliminar o artigo 57 da LEI 9/2023 e establecer unha partida orzamentaria para estas pagas, a Xunta mantén a súa postura.

Esta situación é única en Galicia, sendo a única comunidade autónoma con tal cláusula de veto na súa lei de orzamentos. Ademais, segue pendente a suba salarial do 0,5 % con efectos retroactivos desde xaneiro de 2023, sen concretar pola Consellería.