Confírmase o incremento adicional do 0,5 % para 2023 no ensino concertado

Onte, 28 de setembro, reuniuse a comisión de seguimento do Acordo Marco para unha Administración do século XXI, da que forma parte CCOO, coa presenza da secretaria de Estado de Función Pública. Na xuntanza abordáronse diversas cuestións.

Respecto ao incremento retributivo adicional do 0,5 %, confirmouse que o índice de prezos ao consumo harmonizado (IPCH) en setembro foi do 3,2 %, que, unido ao de 2022, sitúase por enriba do 6 % de referencia, dando desta maneira cumprimento ao recollido no Acordo Marco subscrito por CCOO. Así, as retribucións do persoal en pagamento delegado incrementaranse un 0,5 % con efectos retroactivos desde xaneiro de 2023.

Tamén se trataron, por proposta de CCOO, os problemas que se xeraron no sector pola non modificación dos módulos dos concertos educativos para incorporar o aumento de cotizacións á Seguridade Social, consecuencia da entrada en vigor do novo mecanismo de equidade interxeracional (MEI), así como a necesidade de incluír o novo incremento do 0,5 % en 2023 nuns novos módulos de concertos actualizados. A secretaria de Estado comprometeuse a darlle solución nas primeiras actuacións lexislativas, unha vez se constitúa o novo Goberno.

O sindicalismo rigoroso de CCOO está presente en todos os ámbitos de negociación nos que se toman decisións que afectan ao persoal en pagamento delegado, a diferenza doutras organizacións sindicais corporativas con moita barallada e nula capacidade de decisión. Neste sentido, seguiremos traballando na defensa dos intereses das persoas traballadoras do ensino concertado e garantindo a aplicación no sector de todas aquelas medidas retributivas que se acorden no marco da función pública.