Mesa Sectorial: CCOO marca as liñas vermellas neste proceso de negociación

Como non pode ser doutra maneira, na nosa busca dun sindicalismo útil e responsable, non imos entrar a valorar as declaracións vertidas desde outra organización sindical. Desde CCOO estamos e estaremos sempre dispostos a escoitar as propostas da Administración que vaian encamiñadas a mellorar o ensino público e as condicións de traballo das e dos seus profesionais. No marco desta dinámica de negociación, na Mesa Sectorial celebrada no día de hoxe, desde CCOO manifestámoslle á Consellería que existen varias liñas vermellas neste proceso:

  • Reducir o calendario de aplicación a un período de entre dous e catro anos en Educación Infantil e Primaria
  • Acordar a redución de ratios en ESO, Bacharelato, FP e resto de ensinanzas de réxime especial
  • Activar o acordo de agrupamentos asinado en xullo de 2009
  • Incluír o calendario de recuperación das 18 e 21 horas lectivas en Primaria e Secundaria, respectivamente

Explicadas as nosas demandas principais, esperamos que a Administración desexe levar a cabo un verdadeiro proceso de negociación que deixe nun mal recordo esta primeira proposta. Quedamos emprazados a volver reunirnos na Mesa pasado mañá e, en base ao documento que se nos presente, poderemos seguir progresando na negociación ou verémonos na obriga de convocar mobilizacións por parte do profesorado.

A continuación, podes consultar o documento coa nosa intervención na Mesa:

 Toda a información da intervención de CCOO na mesa sectorial do 2 de outubro de 2023

 Aclaracións sobre a problemática existente no CXT deste curso a consecuencia do concurso de méritos extraordinario de estabilización

 

 

Documentación asociada:

 Proposta da Administración – Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes (02/10/2023)

 Borrador de orde do Concurso xeral de traslados (autonómico)