Toda a información da comisión de persoal do 29 de setembro de 2023 (PSEC)

Na comisión de persoal do 29 de setembro tratáronse, entre outros, os seguintes dous temas:

Modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

Durante esta última xuntanza reiteránomos nas alegacións presentadas e aínda que valoramos positivamente a creación de 54 postos de traballo nesta RPT e que se modifique con maior premura que en ocasións anteriores para non ter diferencias salariais entre persoas traballadoras do mesmo corpo ou escala, tamén entendemos que debería pagarse retroactivamente esta diferencia salarial.

Coma sempre en CCOO estamos en contra de calquera amortización, e votamos en falta unha negociación máis extensa e profunda da RPT referida ao persoal non docente, e por estes motivos o noso voto é a ABSTENCIÓN.

Orde relativa a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar de acordo co establecido na Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico da Galicia.

Non entendemos a exclusión do ámbito de aplicación desta Orde e polo tanto da flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar, do persoal non docente que presta servizos nos centros de ensino xa que na propia orde establécese tanto que se poderá establecer un marco horario que se adapte ás condicións do servizo como a previsión de que non se concederá esta flexibilidade en caso de que a mesma sexa incompatible coa prestación dos servizos.