Mobilización no ensino concertado o 26 de xuño
Os sindicatos con representación no Ensino Concertado (FSIE, UGT-SP, CCOO, USO e SNEP) convocan mobilizacións para o 26 de xuño fronte ás dependencias da Xunta en San Caetano (Compostela).
Os sindicatos con representación no Ensino Concertado (FSIE, UGT-SP, CCOO, USO e SNEP) convocan mobilizacións para o 26 de xuño fronte ás dependencias da Xunta en San Caetano (Compostela).
Hai que seguir avanzando na mellora das condicións laborais das persoas que traballaban no sector público e, por extensión dos acordos de homologación retributiva asinados por CCOO, ás persoas traballadoras do ensino concertado.
Na concentración diante do Ministerio de Facenda, o coordinador da Área Pública de CCOO, Lucho Palazzo, esixiu o pagamento do 0,5 % pendente de 2024, un incremento salarial para 2025, completar o cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI e negociar un novo acordo plurianual. Estas reivindicacións entregáronse a Facenda nun manifesto rexistrado no ministerio ao rematar a mobilización.
🆕 Novidades
Suba do 2,8% das pensións contributivas
Aumento da flexibilidade na xubilación demorada
Cambios na normativa de compatibilidade entre pensión e actividade laboral
Cambios
Aínda queda por desenvolver a extensión do dereito á xubilación parcial para as empregadas e empregados públicos, tal e como se recolle no último acordo de pensións
Ata o 31 de marzo está aberto o segundo prazo para a solicitude de habilitacións para impartir docencia en centros privados concertados.
En Galicia alertamos no seu momento de que o VII Convenio de Ensino Concertado significaría un estancamento nas melloras para as persoas traballadoras. Pasados catro anos, comprobamos que as mesas negociadoras foron un fracaso. Agora, asínase unha prórroga que perpetúa o inmobilismo.
É urxente diferenciar entre quen loita polos dereitos das persoas traballadoras e quen, aliándose coas patronais, renuncia a calquera posibilidade de mellora real.
Na reunión da Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado de Galicia abordáronse tres cuestións fundamentais que afectan moi directamente ás persoas traballadoras do ensino concertado de Galicia
Xa están dispoñibles as táboas salariais actualizadas para o persoal da ensinanza concertada con pagamento delegado. Inclúen un incremento do 2% nas retribucións, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024, . Este aumento aplícase a todos os conceptos salariais, de acordo co previsto para o ano 2024 no Acordo Marco para unha Administración do século XXI asinado por CCOO.
FSIE intenta desviar a atención da súa incompetencia atacando a CCOO, ao tempo que pretende erixirse como gran defensor de quen traballa na escola concertada.
Nada máis lonxe da realidade. Remitímonos aos feitos cunha comparativa, na que se aprecia que as únicas melloras laborais no sector nas últimas décadas se producen pola influencia de CCOO nos ámbitos de negociación nos que non está presente FSIE.