Concentración  promovida pola Plataforma de profesorado Axudante doutor da USC: animamos a todo o persoal da USC a participar o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 12h diante do reitorado na praza do Obradoiro (fronte ó Colexio de San Xerome)

CCOO comparte e apoia a proposta de estabilización do colectivo de Profesores Axudantes Doutores da USC que estean acreditados a categorías superiores. CCOO tamén considera que o proceso de estabilización debe ser prioritario sen renunciar ao dereito da promoción.  Dende CCOO levamos defendendo historicamente na USC o desenvolvemento equilibrado do tripla proceso de creación de emprego, estabilización e promoción coa intención de asegurar un futuro acorde … Ler máis

Publicada no taboleiro da Sede Electrónica da USC a convocatoria para o encadramento e acceso á totalidade dos graos da Carreira Horizontal

Paso decisivo na mellora das condicións retributivas do PAS da USC   O taboleiro electrónico da USC vén de publicar no día de onte a Resolución reitoral pola que se convoca o Proceso extraordinario de encadramento e acceso aos graos da carreira profesional horizontal no ámbito do PTXAS da USC. Trátase da posta en marcha do acordo asinado en decembro por … Ler máis

Comezan unhas intensas negociacións co Ministerio de Educación

CCOO esixiu que todos os temas esenciais para o profesorado estean nos grupos de traballo que se van constituír: grupo A1 e suba de nivel, mellora dos horarios, ratios, xubilación, benestar do profesorado, ingreso e acceso, e todo o resto das melloras en condicións laborais.