Concentración  promovida pola Plataforma de profesorado Axudante doutor da USC: animamos a todo o persoal da USC a participar o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 12h diante do reitorado na praza do Obradoiro (fronte ó Colexio de San Xerome)

CCOO comparte e apoia a proposta de estabilización do colectivo de Profesores Axudantes Doutores da USC que estean acreditados a categorías superiores.

CCOO tamén considera que o proceso de estabilización debe ser prioritario sen renunciar ao dereito da promoción

Dende CCOO levamos defendendo historicamente na USC o desenvolvemento equilibrado do tripla proceso de creación de emprego, estabilización e promoción coa intención de asegurar un futuro acorde cos novos tempos da Institución.

Do mesmo xeito entendemos que este proceso de estabilización debe evolucionar de xeito paralelo á mellora das condicións laborais e salariais deste colectivo, motivo polo cal demandamos a igualdade de salarios no SUG e a aplicación das condicións laborais da LOU.

Seguiremos promovendo en todos os foros nos que teñamos capacidade negociadora ou reivindicativa a posta en marcha de iniciativas que axilicen tantos os procesos de estabilización como os de promoción sen renunciar ás melloras salariais e de condicións de traballo

Dende CCOO animamos a todo o persoal da USC a participar o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 12h diante do reitorado na praza do Obradoiro (fronte ó Colexio de San Xerome), á concentración  promovida pola Plataforma de profesorado Axudante doutor da USC. 

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía