Convocadas por CCOO e UGT, terán lugar o domingo, 2 de febreiro
🚩 A CORUÑA – Méndez Núñez (Cantóns) – 11:00 h
🚩 OURENSE – Subdelegación do Goberno – 12:00 h
🚩 PONTEVEDRA – Praza da Peregrina – 12:00 h
🚩 VIGO – Porta do Sol – 12:00 h
CCOO e UGT convocan mobilizacións para o domingo, 2 de febreiro, en toda España para protestar pola anulación de todas as medidas de protección social e financiamento da Seguridade Social, rexeitadas onte no Congreso co voto conxunto de Junts, Partido Popular e VOX.
UGT e CCOO manifestan a súa oposición absoluta a este exercicio de oportunismo político con elevadísimos custos sobre as costas da cidadanía. Son millóns as persoas afectadas: pensionistas que non verán revalorizada a súa pensión contributiva e non contributiva, así como as pensións mínimas; perceptores do SMI e do IMV; usuarios do transporte público; persoas vulnerables en risco de desafiuzamento ou que verán que desaparecen as súas axudas para pagar subministracións básicas…
Falamos dunha agresión sen precedentes á maioría social e, especialmente, a persoas vulnerables, clase traballadora e clases populares en xeral.
Por iso, CCOO e UGT fan un chamamento á cidadanía a participar masivamente nestas mobilizacións e invitan a todas as organizacións sociais, sindicais e políticas que compartan estas reivindicacións a sumárense ao proceso de mobilizacións que anunciamos para esixir:
- a aprobación polo Goberno, mediante a figura do real decreto lei, dun novo paquete de medidas;
- a validación posterior desas normas por parte do Congreso, evitando tomar a poboación con maiores necesidades como refén deste xogo de oportunismo no que se vota en contra de medidas necesarias, moitas que xa foran acordadas previamente, mesmo co voto favorable de quen agora provoca esta anulación.
SI á revalorización de pensións públicas, contributivas e non contributivas. SI ao escudo social. SI ás axudas para o uso do transporte público. SI aos recursos para as persoas afectadas pola DANA.