Apertura do prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Xuño 2024

O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 de xuño ata o 1 de xullo, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A). As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección … Ler máis

A xubilación parcial para o persoal funcionario/estatutario, cada vez máis cerca

CCOO e UGT Servizos Públicos valoramos a proposta de Función Pública para poñer en marcha a xubilación parcial para o persoal funcionario/estatutario e, ao tempo, insistimos en que debe ser unha prioridade absoluta para o Goberno facer efectiva en xuño a suba salarial de 2024 do persoal das Administracións públicas e sector público, que estaba prevista para abril ou maio.

CCOO valora a modificación da Orde ISM/386/2024, para a cotización dos períodos de prácticas formativas e de prácticas académicas externas

Queremos expresar a nosa satisfacción polo principio de acordo alcanzado co Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións para o cambio de criterios na orde ministerial que regula o Convenio Especial para a cotización de períodos de prácticas formativas ou académicas externas anteriores a 2015. As condicións agora aproxímanse ás do convenio de 2011, aínda que quedan lagoas por resolver.