Toda a información sobre a Mesa Sectorial do estado sobre o Real Decreto de Concurso de Traslados

Na reunión do 9 de maio, o Ministerio de Educación, FP e Deportes presentou o último borrador coas achegas que decidiu incluír, e expresou o seu desexo de que a modificación do RD estea no BOE a principios de xullo para que poida aplicarse sen problemas no concurso de traslados do curso que vén.

Solicitude conxunta de reunión coa dirección xeral de educación

Os sindicatos UGT-SP e CCOO solicitamos con urxencia un encontro co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación para abordar as seguintes cuestións:

🔴 Implementación do Acordo de Xubilación Parcial na ensinanza concertada.

🔴 Análise da situación do persoal docente nos centros con exceso de ratio.