O Ministerio envía ás organizacións sindicais o proxecto de RD de Inspección Educativa

O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes enviou ás organizacións sindicais o borrador do proxecto de Real Decreto de Inspección Educativa, que ten por obxecto regular os aspectos xerais relativos á inspección educativa e o acceso ao Corpo de Inspectores de Educación.

Protocolo para erradicar a discriminación e o acoso ás persoas LGTBI+ e á diversidade familiar nas administracións públicas

A Área Pública de CCOO, como primeiro sindicato das Administracións públicas, presenta un documento clave para a protección e prevención da discriminación e o acoso ás persoas LGTBI+ e á diversidade familiar. Un protocolo con base nos valores sindicais de solidariedade, xustiza social, igualdade, saúde e seguridade no traballo, e no compromiso firme de CCOO polo avance e desenvolvemento dos dereitos das persoas LGTBI+ e da diversidade familiar.

Resumo da Mesa Sectorial do 16 de maio sobre reais decretos de FP

O Ministerio recoñeceu o carácter informativo da Mesa Sectorial e manifestou que non hai marxe para modificacións relevantes nos textos que irán a aprobación no Consello de Ministros, esta semana ou a seguinte, e que se publicarán no BOE ao día seguinte.