O día 24 de maio de 2024 celebrouse, a petición de CCOO, unha xuntanza coa nova Directora Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP), para trasladarlle as distintas propostas que xa temos exposto anteriormente, e que urxe polas en marcha con carácter inmediato:
CARREIRA PROFESIONAL
- Negociación do 3º grao extraordinario da carreira profesional tal como estaba pactado no Acordo de concertación, con efectos económicos desde xaneiro de 2025,
- Posta en marcha da carreira profesional ordinaria para que todos aqueles que cumpran os requisitos se vaian incorporando á mesma.
- Aplicación da carreira aos funcionarios en practicas, que quedaron excluídos.
- Convocar a comisión de seguimento da carreira tanto de laborais como de funcionarios para concretar temas pendentes (fundamentalmente cómputo dos servizos prestados do persoal fixo descontinuo para acceder ao complemento de carreira).
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS (SPIF)
- Publicación e sinatura do acordo de condicións de traballo do persoal do SPIF.
- Extensión do acordo de 2ª actividade ao persoal laboral funcionarizado.
- Pagamento dos trienios ao persoal da OPE-2018, incorporado en decembro de 2023.
POLÍTICA SOCIAL
- Convocatoria da comisión de carteleiras do acordo do persoal dos centros da Consellería de Política Social e Igualdade. Tamén lle lembramos que hai que activar a subcomisión para recuperar o dereito a comedor e a de intersubstitucións.
- Revisión da RPT de funcionarización do persoal da Consellería de Política Social e Igualdade, para tratar os temas que quedaran pendentes.
OUTRAS CUESTIÓNS
- Negociación da RPT de funcionarización das categorías dos grupos III e IV que están pendentes.
- Negociación, sen mais dilacións, da RPT do persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, xunto coa integración do persoal laboral fixo e a súa funcionarización inmediata.
- Rematar a negociación da bolsa do 5%, para facilitar e mellorar a conciliación do persoal, incluíndo o persoal dos centros da Consellería de Política Social e Igualdade e o persoal non docente dos centros da Consellería de Educación, Universidades e FP.
- Modificacións no decreto de listas para que as mesmas se adapten as novas escalas (ex: gobernantes), ou mesmo se poidan cubrir postos de colectivos que ou ben non hai ou non hai suficientes anotados (ex: patróns e mecánicos do Servizo de Gardacostas).
- Convocar a comisión de seguimento do Plan de Igualdade.
- Dar cumprimento ao compromiso acadado nas últimas mesas antes das eleccións autonómicas para iniciar as negociación dun acordo para o persoal non docente dos centros docentes.
- Necesidade de chegar a un acordo de condicións de traballo para o persoal das oficinas de emprego.
- Que se permita seguir alegando ao buzón de postos do concurso xeral para engadir prazas.