Toda a información da mesa sectorial de persoal funcionario do 12 de xaneiro de 2024

O 12 de xaneiro de 2024 tivo lugar a xuntanza da MESA SECTORIAL DE PERSOAL FUNCIONARIO na que se trataron as bases dos procesos selectivos de veterinarios, biólogos, finanzas (A1/A2), médicos, enfermería, educador social, educador infantil, PSX, xerocultor, auxiliar de laboratorio, AP discapacidade intelectual e modificación da resolución de convocatoria de inspección turística A2.

Resolución provisional de listas de substitución de varias especialidades de persoal da Xunta (PSEC)

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, epígrafe de Listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes).

‌ Resolución (DOG)