O 19 de xaneiro de 2024 tivo lugar a xuntanza da Comisión de Persoal Ordinaria de Funcionarios Públicos na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:
- Proposta de Resolución pola que se convoca o Proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.
O voto de CCOO é EN CONTRA.
- Proposta de Resolución pola que se convoca o Proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.
O voto de CCOO é ABSTENCIÓN.
- Bases de procesos selectivos das escalas e especialidades de biólogos/as, escala superior de finanzas, medicina, inspección turística, enfermería, educación social, subinspección urbanística, escala técnica de finanzas, educación infantil, xerocultor/a e auxiliar de laboratorio.
En todas estas propostas o voto de CCOO é EN CONTRA.
- Proposta de Resolución pola que se convoca o Proceso selectivo para o ingreso no agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
O voto de CCOO é A FAVOR.
A Dirección Xeral de Función Pública informa
- O mércores 24 sairá publicada no DOG a resolución de apertura de prazo para presentar os méritos de todos os procesos da Lei 20/21 dos grupos A1 e A2.
- Publicación da elección de destino de enxeñería agronómica e enxeñería técnica agrícola.
- A continuación virá enxeñería de montes e enxería técnica forestal.
- Tamén a próxima semana abrirase o prazo para elección de destino de gardacostas.
- Remitiranse as bases de concursos de traslados de gardacostas, inspectores de consumo e algunha base de administración especial.
- Consorcio. Estase traballando na integración: creáronse 33 prazas como consecuencia do Acordo de Política Social que se incorporan á RPT.
- Estase a traballar na RPT de Política Social: hai que facer a adaptación das novas prazas (3 en centros residenciais e 14 en escolas infantís).
- Estase a traballar tamén na RPT de Educación: funcionarización dos grupos 1, 2 e 5 e prazas que hai que crear pola estabilización da lei 20/21.