Toda a información da mesa sectorial de persoal funcionario do 12 de xaneiro de 2024

O 12 de xaneiro de 2024 tivo lugar a xuntanza da MESA SECTORIAL DE PERSOAL FUNCIONARIO na que se trataron as bases dos procesos selectivos de veterinarios, biólogos, finanzas (A1/A2), médicos, enfermería, educador social, educador infantil, PSX, xerocultor, auxiliar de laboratorio, AP discapacidade intelectual e modificación da resolución de convocatoria de inspección turística A2.

De xeito xenérico, solicitamos que todas as convocatorias fosen convocadas por concurso-oposición.

Na actualidade hai persoal interino prestando servizos na Xunta de Galicia desde hai anos e con puntos acumulados, incluso con probas selectivas de convocatorias anteriores superadas pero sen obter praza debido a non ter suficientes puntos por tempo traballado en relación a outros/as compañeiros/as.

En canto ao desenvolvemento das probas, solicitamos a eliminación do segundo exercicio consistente no desenvolvemento por escrito de temas da parte específica do programa (exercicio que tampouco foi esixido en convocatorias anteriores para algunhas escalas): podería ser substituído pola realización de supostos prácticos.

Polo que se refire aos temarios, solicitamos que os temas sexan solo normas de dereito positivo, publicados pola EGAP ou polas consellerías ou, de non ser isto posible, polo menos que se publiquen unhas referencias bibliográficas para a elaboración dos temas

En canto a data de realización do primeiro exercicio, e dada a extensión dos temarios, solicitamos a súa ampliación do xeito seguinte: solicitamos unha concreción do prazo; a DXFP aceptou a nosa alegación de que a data de realización do primeiro exercicio non terá lugar antes dos nove meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG, pero solicitamos tamén un prazo final, por exemplo, non máis de doce (12) meses.

Polo que respecta ás convocatorias de veterinarios, confirman que irán por concurso-oposición as 38 prazas da OPE 2021 e por oposición as prazas das OPE 2022 e 2023. Ademais, e logo da intervención das OOSS informan de que non haberá coincidencia de día para a realización dos exames por concurso-oposición e por oposición.

ROGOS E PREGUNTAS

A DXFP informa:

  • A semana do 22 de xaneiro publicarase a Resolución de apertura do procedemento para acreditar os méritos do procesos selectivos da Lei 20/21 de A1 e A2. Haberá un prazo de dez días. Desde Función Pública se insiste en que non se achegue documentación antes da apertura do prazo e que aquelas persoas que non estean inmersas en ningún proceso aberto non acheguen documentación hasta que se abra o prazo correspondente.
  • En breve se publicarán os procesos xa rematados, de arquitectos, enxeñería industrial, arquitectos técnicos, enxeñería técnica industrial tanto da quenda de acceso libre como de estabilización. Tamén a promoción interna de bibliotecas.
  • Tamén está previsto publicar o concurso de méritos dos procesos xa rematados da Lei 20/21: AP de limpeza e cociña, C2 de cociña, educación infantil, inspectores urbanísticos, operadores do CIXTEC.
  • A semana que vén publicarase a elección de destino definitivo do A1 e A2 de finanzas e tamén algunhas escalas do A2 como enxeñería industrial.
  • Tamén a semana que vén publicarase a actualización das listas de Medicina, Enfermería e Auxiliar de Enfermería para poder realizar os chamamentos para as 129 prazas novas resultantes da nova RPT de Política Social. O resto de actualizacións de listas sairán antes de fin de mes.
  • Estase a traballar na convocatoria do concurso de Administración xeral: A1, A2, C1, C2 e AP. Así como na convocatoria de Administración especial: que en primeiro lugar se convocarían todas as enxeñerías, bioloxía e química, e despois irán o resto de persoal. A previsión de Función pública é que durante o ano 2024 deberían estar convocados todos os concurso de Administración especial.
  • En canto a elección de destino de Gardacostas, será en breve, pero aínda non pode concretar unha data.
  • En canto ao buzón de postos de enxeñería agronómica e técnica agrícola, teñen previsto remitilos ás organizacións sindical nesta semana.