28 de abril: Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo (2024)

A crise climática: un importante risco para a seguridade e a saúde no traballo.

A humanidade está a experimentar profundas transformacións que xa ninguén pode negar nesta segunda década do século XXI e que están impactando na nosa forma de vivir, no mundo do traballo e na saúde da clase traballadora.

Mesa Sectorial (12 de marzo de 2024)

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria. Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración sobre o calendario escolar 24/25, o concurso de direccións de centros escolares, o Plan de Igualdade da Consellería e outras cuestións.

8M - Día Internacional da Muller

Resolución do Consello Federal de FECCOO en apoio á loita do 8M

O 8 de marzo celebramos os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemoramos a longa historia de loitas e sacrificios para conseguilos, ademais de denunciar que aínda nos queda un camiño que percorrer para poder alcanzar un obxectivo irrenunciable para CCOO: a igualdade real e efectiva de mulleres e homes.