Toda a información da comisión central de listas do 14 de abril de 2024 (Decreto 37/2006)

O día 14 de abril de 2024 celebrouse a xuntanza da comisión central de listas. Nela estudáronse e resolvéronse as reclamacións e recursos presentados.

A) Reclamacións e recursos aos chamamentos:

Reclamacións listas persoal laboral e funcionario interino:

Resolucións: 54

ESTIMADAS: 30

DESESTIMADAS: 15

INFORMADAS: 7

PENDENTES: 2

Recursos á listas de persoal laboral e funcionario interino:

Resolucións: 8

FAVORABLE: 5

DESFAVORABLE: 2

INFORMAR: 1

PENDENTE: 0

B) Outras cuestións tratadas:

  • Comunicación á Comisión central, para o seu debate, sobre si os chamamentos para a cobertura de prazas de operadores/as codificadores/as, actualmente encadrados despois da funcionarización na escala 2059 (auxiliar da administración xeral), se debe utilizar a lista da escala C2 2059 ou a 032 do grupo IV, xa que ambas ainda non foron refundidas. Como non se acadou un acordo por unánime sobre a lista a utilizar, procedeuse a solicitar informe aos servizos xurídicos.
  • Comunicación á Comisión central, de que se cubriron prazas da escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (especialidade de recursos naturais e forestais), pola lista 10F do grupo V (peón forestal), xa que ainda non existe lista desta escala.
  • Comunicación á Comisión central, da solicitude de baixa de 8 integrantes das listas.
  • Comunicación á Comisión central, da modificación do estado nas listas de un integrante que pasa de estar penalizado, a disponible para ser chamado.

Acordouse celebrar a próxima xuntanza da Comisión de Listas, se non hai cambios de última hora, o 22 de maio de 2024, ás 11:00 horas.