O 25 de abril de 2024 tivo lugar a xuntanza da MESA XERAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS E A COMISIÓN DE PERSOAL na que se tratou un único punto:
1. Modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración xeral (subgrupo C1), no corpo auxiliar da administración xeral (subgrupo C2), da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
O sentido do voto de CCOO foi A FAVOR.
Estamos ante a sexta RPT de funcionarización en cumprimento do acordo de concertación do emprego público. Nesta RPT, dun total de 207 postos 169 se sumarán aos postos ofertados para o concurso de corpos xerais e ademais se incrementa en 215.000 € polo que non so se respecta
o de que a funcionarización ten que manter as mesmas retribucións se non que se incrementan.
Rogos e preguntas
A Dirección Xeral de Función Pública informa:
- Concursos:
- O vindeiro 15 de maio, probablemente, sairá publicado no DOG o concurso de corpos xerais.
- A previsión da DXFP é ter convocados antes de fin de ano todos os concursos pendentes.
- Procesos selectivos:
- As notas do segundo exercicio das oposicións do A2 sairán nas vindeiras semanas, case con toda seguridade antes do 15 de maio, e as do A1 no mes de xuño.
- Nas vindeiras datas se publicarán as baremacións provisionais de 18 escalas do A1 e a medida que se vaia avanzando se irán publicando o resto hasta cumprimentar un total de 210 procesos. A previsión é ter as baremacións provisionais de todos eles antes de agosto.
- Política social:
- Están a traballar na RPT do consorcio e na integración do seu persoal, en canto o proceso estea rematado se procederá á convocatoria do concurso.