Logo Sección Sindical de CCOO na USC
Síguenos en redes sociais:

CCOO exixe da Xerencia a presentación inmediata da súa proposta de carreira horizontal que debe implantarse con efectos de 1 de xaneiro de 2023 

A semana pasada publicouse no DOG un novo acordo de implantación da carreira profesional horizontal nunha administración de ámbito galego; un acordo que supón o establecemento de novas retribucións vinculadas á carreira profesional. Para o persoal Administración xeral da Xunta xa en 2018 se asinou o chamado Acordo de Concertación. Tamén no SERGAS, Axencia tributaria, distintos concellos e outros ámbitos … Ler máis

Publicado no DOG o “Acordo para a modificación e mellora das condicións de contratación do Persoal Investigador e de Apoio á Investigación da USC”

Melloras para o Persoal Investigador e de Apoio á Investigación da USC O DOG de hoxe publica a Resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta, pola que se procede a inscrición no rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do Acordo do 29 de marzo de 2022 da Comisión Paritaria polo que se modifica o … Ler máis

A Mesa Xeral de negociación (PAS e PDI) aproba a Oferta Pública de Emprego da USC para 2022

OPE 2022: Estabilización e promoción interna A totalidade dos sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación da USC (PAS e PDI) xunto cos representantes do equipo de goberno acordaron este mércores a Oferta Pública de Emprego da USC para o 2022, que inclúe un total de 163 prazas de PDI, 121 de PAS (40 delas por promoción interna) e por … Ler máis

Proposta de CCOO sobre a Promoción Interna a incluír na Oferta Pública de Emprego de 2022

Proposta de Promoción Interna En nome da sección sindical de CC.OO trasládase para o seu debate na reunión da Mesa xeral de PAS do 13 de maio a solicitude de inclusión, na Oferta Pública de Emprego da USC de 2022, dunha proposta de promoción interna tamén no ámbito do PAS. Neste mesmo sentido, queremos tamén recordar que o claustro universitario … Ler máis

Publicada a relación provisional de prazas de Persoal Investigador susceptibles de estabilización

Estabilización do Persoal Investigador A xerencia da USC vén de facer pública por fin a listaxe provisoria de prazas de persoal empregado investigador da Universidade de Santiago de Compostela que son susceptibles de estabilización segundo as disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 29 de decembro de 2021. Este listado, que inclúe un total de 110 prazas a estabilizar, … Ler máis

CCOO convoca o 23 de marzo mobilizacións contra a suba dos prezos

Conter os prezos, protexer o emprego Os sindicatos CCOO e UGT, xunto con outras organizacións sociais, convocan mobilizacións en todo o Estado para esixir medidas pola suba dos prezos. O pasado mes de febreiro, a inflación alcanzou unha nova cifra histórica ao se situar no 7,6 %, o nivel máis alto desde 1986. A tensión dos prezos da electricidade, o gas, … Ler máis